Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de prensa: Presentación Actividades Deportivas Festas de San Telmo

1/04/2013

Presentación Actividades Deportivas Festas de San Telmo

 

Luns, 1 de abril de 2013. Mañá martes, 2 de abril, ás 11.00 horas, no primeiro andar da Área Panorámica, serán presentadas as actividades deportivas das Festas de San Telmo, que para este ano 2013 serán a Carreira Popular de San Telmo, o Torneo de Xadrez, o Campionato de Pesca Popular Eurocidade, o Torneo de Minitenis na Rúa e unha xornada de xogos populares.

 

Comparecerán ante os medios o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Comisión de Festas de San Telmo, Francisco Javier Rodríguez, así como un representante dos clubs organizadores.