Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de prensa

21/03/2013

Xoves, 21 de marzo de 2013.  Mañá venres, ás 11h, no primeiro andar da Área Panorámica terá lugar a presentación dun novo número da Axenda Cultural Corredoira, que recolle a programación cultural prevista para os próximos meses en Tui.

 

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a Manuel Botana de “Fulano, Mengano e Citano” e Eduardo A. Rodríguez "Tatán" de Tanxarina Títeres.