Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto homenaxe a Zeca Afonso e Adriano Correia de Oliveira

27/04/2012

Será o martes, 1 de maio, ás 19h no Teatro Municipal

 

Rescatar a obra dos compositores Zeca Afonso e Adriano Correia de Oliveira é o obxectivo do concerto “Amigos máis grande que o pensamento” que o próximo martes, 1 de maio, ás 19 hora española vai ter lugar no Teatro Municipal de Tui. Esta iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui forma parte das actividades conmemorativas do 25 de abril.

 

O concerto estará dirixido por Filipe Cunha, e correrá a cargo do grupo de música tradicional portuguesa Canto D’Aquí acompañado por Sopros de Zeca, o Coro da Associaçao Pais Cons. Gulbenkian e a Coral Polifónica de San Teotónio de Valença.

 

No programa do concerto figura unha mostra representativa das composicións máis coñecidas tanto de Zeca Afonso como de Adriano Correia de Oliveira. Non faltará así a interpretación de “Cançao de embalar”, “Venham mais cinco” ou o “Grándola” de Zeca  Afonso. Mentres que de Adriano Correia de Oliveira van interpretar entre outras “Trova do vento que passa”, “Cançao do linho” ou “Morte que mataste lira”.

 

O martes a partir das 18.30h poranse á venda no despacho de billetes do Teatro Municipal de Tui 150 entradas, sen numerar, ao prezo de 3€.  De xeito anticipado pódense mercar localidade na Biblioteca Municipal de Valença.

 

A concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, explica esta actividade insírese nas actividades organizadas no marco da Eurocidade Tui-Valença. Engade que o concerto brindará unha oportunidade magnífica para lembrar ou coñecer a música destes dous compositores tan vinculados á Revolución do 25 de abril en Portugal,

 

Concerto “Amigos máis grande que o pensamento”

Data: Martes, 1 de maio, ás 19 hora española

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Entradas sen numerar: Venda anticipada na Biblioteca Municipal, ou o martes dende ás 18.30h no despacho de billetes no Teatro Municipal ao prezo de 3€.