Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Completada a pavimentación do acceso á autovía na parroquia de Guillarei

11/09/2013

Mércores, 10 de setembro de 2013. Ao longo dos últimos días foi executada a obra de reparación do asfaltado do acceso á Autovía A-55 na parroquia tudense de Guillarei mellorando con esta obra o estado desta estrada e garantindo así un maior nivel na seguridade vial dos numerosos vehículos que diariamente utilizan este acceso.

 

Esta obras de pavimentación supoñen un investimento de 64.314,31€, e restan por culminar co pintado da sinalización horizontal que se executará de inmediato

 

Esta obras se realizan ao abeiro do Plan de investimentos da Deputación de Pontevedra (PID 2012) recentemente aprobado por este organismo provincial e que supón unha achega superior aos 300.000 euros para diversas obras nas parroquias de integran o municipio tudense. Esta inversión está dedicada a infraestruturas básicas como é o caso de obras de saneamento e pavimentación.