Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Co Mercado de Nadal deste domingo se inican as actividades de Nadal en Tui

5/12/2013

ESTE VINDEIRO DOMINGO 8 DE DECEMBRO NOVA EDICIÓN DO “MERCADO DE NADAL” CON ARTESANIA E GASTRONOMIA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE TUI

O venres comeza o alumeado de Nadal

 

Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello de Tui unha rolda de prensa de presentación das actividades de Nadal no Concello de Tui na que participaron o Alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de conxunto histórico, Nicolás Lorenzo, o concelleiro de alumeado, José Ángel Villaverde, e a concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez.

 

Nicolás Lorenzo presentou a celebración este domingo 8 de decembro da segunda edición do “Mercado de Nadal” que organiza o Concello de Tui para a dinamización da zona monumental da nosa cidade. Un total de vinte postos de venda de produtos relacionados co Nadal. Adornos para a arbores, figuras para o pesebre, flores e plantas navideñas, doces, froitas e alimentos típicos destas festas estarán á venda ao longo desta xornada.

 

Lorenzo Montes destacou a positiva acollida desta iniciativa no pasado ano e a súa singularidade pois non se trata de un mercado ou feira de artesanía con mercancías para regalos senón que á venda é de produtos navideños. Trátase dunha iniciativa pioneira en Tui que quere consolidar o papel comercial de carácter comarcal da nosa cidade.

 

O mercado abrirá na Praza de San Fernando ás 11,30 horas e pechará arredor das 19,00 horas. Nesta mesma xornada terá lugar unha degustación gastronómica organizada por seis establecementos de hostalería do conxunto histórico; en concreto, Monumental, Viños e Tapas, Jaqueyvi, Vinoteca de García, Pizzeria di Marco e a Muralla, que serviran a prezos populares diversos produtos de tempada.

 

O Concello tudense convida a todos os veciños e aos visitantes a participar nesta iniciativa de carácter pioneiro e que rememorando unha tradición amplamente estendida noutros países europeos contribúe ás celebracións festivas do Nadal, á dinamización do conxunto monumental tudense e, tamén, a promoción do comercio e o artesanado local.

 

De seguido, o concelleiro de alumeado, Jose Ángel Villaverde, presentou o alumeado de Nadal do Concello de Tui que supón un investimento de 30.000 euros o aluguer dos arcos ornamentais namentres que o consumo estimado, grazas o sistema de luces “leed”, non chegará aos 2000 euros. A instalación desta iluminación é xa un referente consolidado na programación navideña tudense e contribúe de xeito moi importante na dinamización da vida comercial da nosa localidade. Como novidade neste ano é a incorporación de diversas rúas ao alumeado de Nadal e a instalación dunha árbore de 12 metros de altura na Praza da Inmaculada e que resultará un novo atractivo para estas festas.

 

Logo, Vanesa Rodríguez, comentou tanto os festivais de Nadal que se organizan nas parroquias de Rebordáns, Ribadelouro e Randufe e cos que colabora o Concello como a programación do Teatro Municipal, con diversas obras de teatro para nenos, o concerto de Nadal do Conservatorio, o Concerto de Fin de Ano, coa Banda de Música Popular de Tui e a coral polifónica de S. I. Catedral tudense e a cabalgata de Reis da Eurocidade, única cabalgata de carácter internacional que existe.

 

Por último, o rexedor tudense Moisés Rodríguez, salientou a ampla programa e congratulouse polo dinamismo da sociedade tudense que ofrece un amplo abano de actividades que enchen estes días do Nadal, facendo obrigada unha visita á nosa cidade ao longo deste mes.