Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Charla informativa sobre facturas electricas o xoves na sala Félix Rodríguez de Tui

15/10/2013

Martes, 15 de outubro de 2013. O próximo xoves o portavoz da Unión de Consumidores de Galicia, Félix Caramés, dará unha charla coloquio na sala Félix Rodríguez de Tui ás 19,00 h sobre regulación e facturación eléctrica.

O poñente fará un percorrido pola traxectoria do sector eléctrico ata hoxe e explicará os puntos básicos da nova regulación eléctrica.

A outra sección da charla estará orientada a explicar os puntos clave que aparecen nas facturas eléctricas para aprender a interpretalas correctamente, coa posibilidade de analizar algún caso particular de algún dos asistentes.

Esta actividade realízase mediante a colaboración do Instituto Galego de Consumo, a Unión de Consumidores de Galicia e o Concello de Tui, e forma parte dunha serie de charlas que se desenvolverán nos diferentes concellos colaboradores e que comezaba a semana pasada en Ourense e Marín.