Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal incrementou en 2023 un 13% os prestamos de libros até os 14.536 exemplares

9/01/2024

O sábado entregaranse os diplomas aos máis lectores de 2023

A Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou ao longo do pasado ano 2023 un total de 14.536 préstamos de libros que a un total de 1.066 usuarios activos da Biblioteca tudense, dos que 431 eran infantís e 634 maiores de 14 anos de idade.  A media foi de 1.211 préstamos ao mes que supoñen case 50 libros ao día.

Esta cifra mantén o constante crecemento con relación aos datos dos pasados anos, en concreto no 2022 foran 12.788 préstamos, o que implica un crecemento do 13%, incremento que tamén abrangue ao número de usuarios activos que acada as 1.066 persoas, un 8,5% superior respecto ao pasado ano 2022 que foron 988.  Desta cifra de empréstamos, un total de 8.717 libros corresponden a literatura infantil e xuvenil, 1.306 á cómics e 4.513 a literatura para adultos.

A Biblioteca Municipal tudense conta na actualidade con 33.174 volumes, o que supón unha cifra en torno ao 1,91 volumes por habitante do concello, que está moi próximo ás recomendación da IFLA para localidades coa nosa poboación que determinan 2 volumes/habitante.

Ao longo do pasado ano 2023 esta colección bibliográfica foi enriquecida e actualizada con 1.344 novos exemplares. Deles, 844 foron novos libros, cunha tripla: adquiridos con fondos propios do Concello de Tui, coas achegas da Consellería de Cultura Educación e Universidade da Xunta de Galicia e coas doazóns de usuarios e cidadanía. A eles hai que sumar 500 audivisuais xa incorporados á colección bibliografica procedentes da Biblioteca “Daniel Domíngez” tras o correspondente proceso de catalogación destes fondos que leva a cabo o persoal da Biblioteca Municipal tudense. Paralelamente a Biblioteca expurgou un total de 770 volumes debido ao seu deterioro ou por ter un contido obsoleto.

O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente cómpre ser “socio” ou “usuario” de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de “Galicia le”, a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.226 usuarios, ao longo do pasado ano se incorporaron a este servizo 375 novos usuarios, deles 170 infantís e 205 adultos (maiores de 14 anos).

Día dos Usuarios das Bibliotecas

Este xoves, 11 de xaneiro, celébrase o “Día dos usuarios das bibliotecas”, unha xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois as persoas usuarias son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información da cidadanía.

Por isso este sábado, 13 de xaneiro, ás 12.30 horas terá lugar a entrega dos diplomas de lectores de honra do ano 2023  as tres persoas, en adultos e infantil, que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano.

En Infantil os máis lectores foron Infantil Xoel González Rodríguez con 146 préstamos; Sergio Fontenla Alonso con 142 préstamos e Iria Vázquez González con 122 préstamos. Mentres na categoría de adultos Jose Carlos Garra Aragunde, levou 88 libros en préstamo; Alfredo Godoy Zamorano, 74 libros en préstamo, e Concepción Digón Guzmán, 71 libros.