Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula UNED de Tui organiza un novo curso de Inglés

28/02/2013

A Aula UNED de Tui organiza un novo curso de Inglés

 

O venres 1 de Marzo dará comezo un novo curso de Inglés organizado pola aula UNED de Tui. O curso que se estenderá dende o día 1 de Marzo ata o 14 de Xuño ten unha carga de 30 horas lectivas e a súa matrícula é de 50 euros.

 

A Aula UNED de Tui organiza un novo curso de inglés que terá lugar nas instalacións municipais da UNED desde o día 1 de Marzo ata o 14 de Xuño. O curso “Inglés. Nivel II” pretende que o alumno adquira unha serie de nocións básicas nesta lingua. A importancia que adquiriu o coñecemento dunha lingua estranxeira, máis aínda o inglés, é vital para poder afrontar todo tipo de situacións cotiáns nun mundo cada vez máis globalizado.

 

O obxectivo deste curso é que o alumno sexa capaz de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia que lle sexan especialmente relevantes (información básica sobre si mesmo e a súa familia, compras, lugares de interese, ocupacións, etc.), que saiba comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiáns que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións que lle sexan coñecidas ou habituais, así como que poida describir en termos sinxelos aspectos da súa contorna e cuestións relacionadas coas súas necesidades inmediatas ou o seu pasado.

 

O curso, dirixido a todas aquelas persoas interesadas, celebrarase todos os venres de 16:30hs a 18:30hs nas instalacións da Aula UNED de Tui, situada na rúa Antero Rubín (antigo Convento de San Domingos). Todas aqueles que o desexen poderán formalizar a súa matrícula ben a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http:// www.unedpontevedra.com)ou dirixíndose ao edificio da Aula UNED de Tui. O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto martes) de 4 a 8. O custo da matrícula é de 50 euros.