Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A aula UNED de Tui acollerá un curso de linguaxe de signos

21/10/2013

A Aula UNED de Tui acollerá desde este venres día 25 de outubro e ata o 28 de febreiro un curso de iniciación á linguaxe de signos. O curso que se desenvolverá presencialmente nas instalacións da aula universitaria tudense terá unha carga lectiva de 30 horas e un prezo de 50 euros.

Luns, 21 de outubro de 2013. Este venres, 25 de outubro, a Aula UNED de Tui acollerá o curso de introdución á lingua de signos, "Linguaxe de signos. Nivel 1", dirixido a toda persoa interesada en aprender acerca da comunidade xorda e a súa linguaxe, a lingua de signos española.

O curso ten como obxectivo introducir aos alumnos na lingua de signos española, a linguaxe usada pola comunidade xorda dentro do territorio español, así como favorecer un mellor coñecemento dos costumes e cultura desta comunidade, mediante actividades, talleres e casos prácticos.

O curso, que se desenvolverá presencialmente nas instalacións da Aula UNED de Tui terá lugar todos os venres de 19:00h a 21:00h. Cunha carga lectiva de 30 horas, o prezo de matrícula é de 50 Euros e será recoñecido con 1.5 créditos ECTS ou 3 créditos de libre configuración.

Todos aqueles que desexen inscribirse no curso, poderán facelo a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www. unedpontevedra.com), chamando por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ás instalacións da aula UNED de Tui (Rúa Antero Rubín s/n - Antigo Convento de San Domingos). O horario de atención ao público é de luns a venres (agás xoves) de 4 a 8.