Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula UNED de Tui acollerá dende novembro dous novos cursos de inglés.

24/10/2013

Inglés para todos os niveis na Aula UNED de Tui

A Aula UNED de Tui acollerá dende novembro dous novos cursos de inglés.

Se estenderán ata maio cunha carga lectiva de 30 horas e un prezo de 50 euros


Xoves, 24 de outubro de 2013. O próximo 8 de novembro comezarán os cursos "Inglés 2" e "Inglés 3" na Aula da UNED de Tui cos que pretenden achegar ao alumnado, cun coñecemento básico da lingua inglesa, desde un enfoque teórico-práctico nocións máis avanzadas do devandito idioma.


A importancia que adquiriu o coñecemento dunha lingua estranxeira, máis aínda o inglés, é vi­tal para poder afrontar todo topo de situacións cotiás nun mundo cada vez máis globalizado, por iso con este curso preténdese ofrecer ao estudante a oportunidade de adquirir as estruturas gramaticais fundamentais da lingua, así como o vocabulario habitual de uso cotián, de modo que poida asimilar unha serie de competencias básicas que lle permitan desenvolver­se no devandito idioma en situacións do día a día con certa soltura, tanto a nivel oral como escrito, tendo como referencia o Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.


En ámbolos cursos  utilizarase unha metodoloxía principalmente comunicativa,  de modo que o estudante non só adquira coñecementos gramaticais, senón que desenvolva habilidades para comunicarse de maneira oral na devandita lingua.
Ámbolos cursos, cunha carga lectiva de 30 horas e un prezo de 50€, desenvolveranse presencialmente na aula UNED de Tui.

Os dous cursos comezarán o 8 de novembro, finalizando o curso "Inglés 2" o 9 de maio e o curso "Inglés 3" o 16 de maio. Os dous cursos impartiranse os venres, de 19:00h a 20:30h "Inglés 2" e  de 17:30h a 19:00h "Inglés 3". 

Todos aqueles que desexen ins­cribirse no curso poderán facelo a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com, chamando por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ao edificio da Aula UNED de Tui (Rúa Antero Rubín s/n - Antigo Convento de San Domingos). O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto xoves) de 16 a 20h.