Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A animación musical volve á Eurocidade Tui-Valença co programa “Música na rúa”

13/12/2022

A Charanga A Tu Ritmo e o Grupo Trío Na(tal) actuarán o sábado e a Charanga Cantos Somos e Grupo Río Abaixo farano o domingo

Esta fin de semana a animación musical volve ás rúas da Eurocidade Tui-Valença tras a actuación de seis agrupacións dos dous municipios no programa “Corais na rúa” a pasada semana.

Nesta ocasión serán catro entidades as que actuarán no Jardim Municipal de Valença e no Paseo da Corredoira en Tui, dentro do programa “Música na rúa”. Serán as charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos, e os grupos valencianos Trío Na(tal) e Río Abaixo os que actuarán tanto o sábado 17 coma o domingo 18.

Así o sábado 17 no Jardim Municipal de Valença actuará ás 17:30 hora española a Charanga A Tu Ritmo e ás 18:30 h o Grupo Trío Na(tal). Mentres, no Paseo da Corredoira poderase escoitar ás 20:00 hora española á Charanga A Tu Ritmo e ás 21:00 h ao Grupo Trío Na(tal).

Por outra banda, o domingo 18 a Charanga Cantos Somos actuará ás 16:30 hora española no Jardim Municipal de Valença e ás 19:00 h no Paseo da Corredoira. Unha hora máis tarde, ás 17:30 hora española o Grupo Río Abaixo estará no Jardim Municipal de Valença e ás 20:00 h no Paseo da Corredoira en Tui.

MÚSICA NA RÚA

  • Sábado 17

    • No Jardim Municipal de Valença

      • Ás 17:30 h ES – Charanga A Tu Ritmo

      • Ás 18:30 h ES – Grupo Trío Na(tal)

    • No Paseo da Corredoira en Tui

      • Ás 20:00 h ES – Charanga A Tu Ritmo

      • Ás 21:00 h ES – Grupo Trío Na(tal)

  • Domingo 18

    • No Jardim Municipal de Valença

      • Ás 16:30 h ES – Charanga Cantos Somos

      • Ás 17:30 h ES – Grupo Río Abaixo

    • No Paseo da Corredoira en Tui

      • Ás 19:00 h ES – Charanga Cantos Somos

      • Ás 20:00 h ES – Grupo Río Abaixo