Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Andaina Saudable Eurocidade – “Mártires de Sobredo”

23/10/2013

Mércores, 23 de outubro de 2013. Este domingo, 27 de outubro, ás 10.00 horas españolas, realizarase un novo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade 2013, “Mártires de Sobredo”, que terá a súa saída dende a igrexa de San Mamede na parroquia de Guillarei.

A andaina terá unha distancia de 8 quilómetros, cunha dificultade baixa e unha duración aproximada de dúas horas e media.

Para todos aqueles que non coñezan o punto de saída, quedarase no punto de encontro alternativo na gasolineira da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas, dende onde se dirixirán ao punto de saída.

Andaina Saudable Eurocidade - domingo 27 de outubro – 10.00 horas

Nome da rota: Mártires de Sobredo

Entidade Promotora: Concello de Tui

Localización da rota: Parroquia de Guillarei

Tipo de rota: Pequena rota

Ámbito da rota: histórico – cultural. Monumento á redención dos foros -  movemento Agrarista - e os campesiños combatentes e caídos na manifestación de Sobredo.

Punto de partida: Igrexa de San Mamede de Guillarei – 10.00 horas

Punto de partida alternativo: Gasolineira Repsol (Parador Tui) – 09.45 horas

Distancia percorrida: 8 km

Duración da rota: 2h30

Grado de dificultade:Fácil