Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto de entrega de diplomas do curso de iniciación ao castelán

20/12/2012

Onte mércores 19 de decembro tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do o acto de entrega de diplomas do curso de “iniciación ao” castelán no que participaron 13 persoas estranxeiras deste municipio, e que se impartiu do 26 de novembro ó 14 de decembro no Centro de Formación Ocupacional do Concello. Este curso estivo organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui a través da Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados.

 

No acto de entrega estiveron presentes o Alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, acompañados doutros membros do goberno municipal e dos responsables deste curso.

 

Os obxectivos desta acción formativa foron dotar ao alumnado dos recursos comunicativos necesarios para que se desenvolvan en situacións sinxelas da vida cotiá e intercambien información básica, capacitalos para que poidan relacionarse no ámbito público de modo eficiente e favorecer a comprensión da lingua e cultura española para axudar a súa integración e desenvolvemento no entorno no que viven.

 

Así, entre os contidos do curso pódense sinalar dous bloques: nun tratouse de que adquiriran o vocabulario que lles permita aportar os datos persoais, coñecer o entorno onde vive e empregar os transportes públicos, e outro que tratou temas que tiveron que ver co aprovisionamento de alimentos e roupa, a vivenda e a atención médica.