Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto de benvida aos nenos saharauís do programa “Vacaciones en paz”

10/07/2013

Mércores, 10 de xullo de 2013. Este venres 12 de xullo ás 11,30 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui o acto de benvida ao grupo de nenos saharauís que son acollidos por familias tudense ao abeiro do programa “Vacaciones en Paz”.

 

Neste acto estarán presentes os nenos e as familias de acollida xunto ao Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez e a concelleira de servizos sociais, Olga Montes Moldes e un representante da Asociación Galega de Amizade co Pobo Saharauí.