7ª Andaina Saudable Eurocidade – Trilho do Real. O próximo sábado 8 de xuño ás 10.00 horas
7ª Andaina Saudable Eurocidade – Trilho do Real
O próximo sábado 8 de xuño ás 10.00 horas
Mércores, 5 de xuño de 2013. O próximo sábado 8 de xuño terá lugar a sétima andaina saudable da Eurocidade 2013, “Trilho do Real” en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, e dentro do programa de actividades “Eurocidade Valença-Tui: Xuño Activo / Junho Activo”.
Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Gandra (Valença), tendo un percorrido de 6 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença.
Pódese seguir toda a información na páxina:
http://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157
Puntos de encontro:
·
Ás 10.00 horas españolas na Igrexa Matriz de Gandra
·
Ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença