Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

600 ciclistas e 177 camiñantes na II Eurocidade BTT

30/05/2013

Xoves, 30 de maio de 2013. O pasado domingo 26 de maio celebrouse a II Eurocidade BTT, proba de ciclismo de montaña organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración coa Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, que congregou no Paseo da Corredoira de Tui ao redor de 600 ciclistas e tamén aos 177 camiñantes que fixeron a sexta Andaina Saudable Eurocidade “Camiño do Louro”, organizada tamén pola Eurocidade Tui-Valença en colaboración coa empresa VerdeAzul de Tui.

 

A marcha ciclista, que por segundo ano é organizada en colaboración cos “Biciosos”, saíu do Paseo da Corredoira, dende onde o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o Presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, animaron aos ciclistas a gozar do percorrido pola Eurocidade Tui-Valença.

 

As rúas de Tui, a Ponte Internacional, as murallas de Valença, o Monte Faro e o Monte Aloia foron percorridos polos ciclistas, nunha maña perfecta para o deporte das dúas rodas, que rematou cunha ducha quente nos pavillóns deportivos municipais, e da degustación dun porco ao espeto.

 

En definitiva, unha maña deportiva que congregou na nosa Eurocidade a máis de 800 deportistas procedentes de Galicia e Portugal.

 

O Concello de Tui felicita a tódolos integrantes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas pola perfecta organización desta segunda edición, en especial a Eduardo e Alberto polas numerosas reunións realizadas coa Eurocidade Tui-Valença en pro da boa organización e seguridade da proba.

 

Agradecer a colaboración da Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Cruz Vermelha de Valença, Bombeiros Voluntarios de Valença, GNR de Valença, BTT Monte Faro, Radio Municipal de Tui, MotoClub Randufe, Club Baixo Miño e Familia Araujo, e aos patrocinadores Coca-Cola, Eurobanan, MarIbérica, VerdeAzul, TramoLibre, Bici o con, Tea Bikes e Tralacosta Bikes.

Eurocidade BTT
Eurocidade BTT