Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

14ª Andaina Saudable Eurocidade 2012

4/12/2012

Sábado 8 de decembro – Trilho da Mina de San Silvestre

 

O próximo sábado 8 de decembro ás 10.30 horas españolas – 09.30 horas portuguesas (como indica o cartel), realizarase a 14ª Andaina Saudable Eurocidade 2012, organizada pola Eurocidade Tui – Valença.

 

Neste caso a Andaina / Trilho da Mina de San Silvestre percorrerá as freguesías de Taião e Cerdal, no municipio de Valença, sendo o punto de encontro a Capela Nª Srª do Socorro en Taião, ás 10.00 horas (españolas). Para aqueles que non coñezan esta igrexa, quedarase ás 09.45 horas no parquing do Lidl de Valença.

 

O percorrido, de dificultade fácil/moderado, terá unha distancia de 12 km, sendo o tempo aproximado de duración de catro horas e media.

 

Esta será a 14ª e última andaina do programa de Andainas Saudables Eurocidade 2012. Nas anteriores andainas participaron máis de 100 persoas de media.

 

A Eurocidade Tui-Valença quere felicitar a todos os participantes neste circuíto de andainas saudables realizadas durante o ano 2012, así como agradecer aos Bombeiros Voluntarios de Valença, á Cruz Vermelha de Valença, a Protección Civil de Tui e ao Centro Comercial GADIS polo apoio prestado nesta actividade.

 

Dende a Eurocidade Valença-Tui xa se está a traballar para planificar o circuíto de Andainas/Trilhos Saudables Eurocidade 2013, que contará con 17 novos percorridos, e dos que informarase no mes de febreiro do 2013.

 

 

Punto de encontro

Capela Nª Srª do Socorro en Taião – 10.00 horas españolas

Coordenadas: 41°59'37.70"N/8°35'11.72"W

 

Parking do Lidl de Valença – 09.45 horas españolas