Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

11ª Andaina Saudable Eurocidade – Trilho Monte do Carvalho

12/09/2013

Xoves, 12 de setembro de 2013. Este sábado, 14 de setembro, reanúdase o programa de andainas saudables da Eurocidade 2013, co “Trilho do Monte do Carvalho” en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença,.

Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Silva (Valença), tendo un percorrido de 10 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.

Pódese seguir toda a información na páxina:

https://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157

Puntos de encontro:

  • Ás 10.00 horas españolas na Igrexa Matriz de Silva

  • Ás 09.45 horas españolas no parquing do Lidl de Valença

Coordenadas:

  • 41º 56’ 51’’ N

  • 08º 39’ 12’’ W