Lista provisional admitidos 3 prazas profesor piano
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI,
CERTIFICA:
Que por parte desta Alcaldía, e con esta mesma data, ditouse a seguinte resolución:
“Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal de TRES PROFESORES DE PIANO para o Conservatorio Profesional/Escola de Música do Concello de Tui, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 9 de agosto de 2011, e publicada no Faro de Vigo de data 10 de agosto de 2011, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Aprobar provisionalmente a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación:
ADMITIDOS:
-González Andino, Beatriz.
-Carrero Díaz, Ignacio.
-González González, Laura.
-López López, Rubén.
-Cristobal Calvo, Beatriz.
EXCLUIDOS:
-Varela Pardo, Alberto (non achega copia cotexada DNI; non achega xustificante pagamento en prazo das taxas por dereitos de exame).
SEGUNDO.- Expoñer ao público o listado provisional de admitidos e excluidos, no taboleiro de anuncios do Concello durante un prazo de tres días hábiles, aos efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen oportunas.
E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a trinta e un de agosto de dous mil once.
Visto e Prace
O ALCALDE