Acto de presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença
19/09/2022
O Teatro Municipal de Tui acollerá este mércores, 21 de setembro, ás 12.30 h, a presentación pública da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença, coincidindo co Día da Cooperación Europea. O evento estará presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, asistindo diversos axentes públicos, privados e do terceiro sector que durante os últimos meses participaron na elaboración da Estratexia. Durante o acto, o equipo consultor encargado da elaboración da Estratexia debullará os resultados obtidos.
O programa previsto é o seguinte:
- 12:30 h Benvida e apertura oficial
- Xosé Lago García, coordinador POCTEP Xunta de Galicia
- Enrique Cabaleiro González, alcalde de Tui
- José Manuel Carpinteira,presidente da Câmara Municipal de Valença
- 13:00 h Presentación-Resumo da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença. "Visión de Futuro"
- Óscar Blanco Somoza, consultor HIDRIA (Ciencia, Ambiente e Desenrolo)
- Rolda aberta para intervencións do público
- 13:25 h Presentación e lanzamento da Plataforma de Xestión de Servizos Compartidos Eurocidade Tui-Valenca
- Luís Leite, Waveform
- 13:55 h Proxección do vídeo promocional Eurocidade
- 14:00 h Peche a cargo das autoridades presentes