Cinema Arima
Dentro da programación "Volvemos ao Teatro en novembro" o venres, 27 de novembro, ás 19.30 h proxectarase no Teatro Municipal a película "Arima" de Jaione Camborda. O filme está interpretado por Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey e Mabel Rivera.
A inesperada chegada de dous forasteiros altera a vida de catro mulleres e unha nena. Nunha frontera entre o real e o imaxinario, entre o pesadelo e o soño relata unha historia chea de misterio.
Recibiu o Premio á Mellor Dirección 'Las Nuevas Olas' no Festival de Sevilla e o Premio Escáner no Festival Márgenes
As entradas, de balde, poderán reservarse dende o luns 23 de novembro até o venres 27 ás 18.30 h e dende esa hora no despacho de billetes.Capacidade reducida a 30 espectadores segundo o establecido na orde do 4 de novembro de 2020 da Consellería de Sanidade publicada no DOG nº223 Bis do 4 de novembro de 2020.