Avento Produccións con "Ummm unha comedia musical"
O venres, 20 de novembro, ás 18.30 h Avento Produccións presenta "Ummm unha comedia musical para chupar os dedos" no Teatro Municipal de Tui.
“Ummm unha comedia musical para chupar os dedos" é un espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos. Mestura cancións, bailes e cores para achegarnos unha historia sobre as diferencias, a autenticidade e o valor de trallar en equipo.
Dona Remedios contrata a un novo axudante para a súa pastelería, xa que a dependenta Ana só sabe facer boliños de crema, e cada vez ten menos clientes. O novo empregado traer novas ideas, que as veces entran en conflicto co facer máis clásico de Ana.
- Dirección: Xoán Abreu
- Elenco: Martín Maez e Rocío Salgado
- Texto Orixinal: Martín Maez
- Música Orixinal: Martín Maez , Jonathan Caramés, Xoan Abreu e Anxo Fernández
- Maquillaxe: Teatro Avento Producións
- Vestiario: Teatro Avento Producións
- Iluminación: Javier Quintana
- Escenografía: José Faro “Coti”
- Recomendada: + 3 anos
- Duración: 50 minutos
Entradas 4€ e 3€. Á venda dende o luns 16 de novembro. Capacidade reducida a 30 espectadores segundo o establecido na orde do 4 de novembro de 2020 da Consellería de Sanidade publicada no DOG nº223 Bis do 4 de novembro de 2020.