Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Formación gratuíta dual con contrato de formación en “Xardineiría” para persoas con discapacidade intelectual

A Asociación Aceesca para personas con discapacidade intelectual, sita no Porriño, busca candidatos para formacións que comezarán proximamento. Son formacións  adaptadas para persoas con discapacidade intelectual que coma mínimo teñan o 33%.

Van comezar un proxecto piloto coa Xunta de Galicia  sobre formación dual en xardineiría. A duración é de tres anos onde o alumno recibirá 4 horas de formación teórica e terá un contrato de traballo en formación outras catro horas (450 € brutos). Ao finalizar os tres anos obterán o certificado de profesionalidade nivel 1 de Actividades Auxiliares de Xardineiría.

Os requisitos que debe ter o alumando para participar nesta formación son:

  • Non tener formación reglada en xardineiría (PCPI tampouco xa que equivale a un nivel 1)
  • Non ter praza nalgún centro ou asociación
  • Non ter contratado coma xardineiro/a por períodos grandes.
  • Discapacidad intelectual( certificado emitido polo EVO correspondente) igual ou superior  ao 33%.

Máis información en Aceesca Emprego, S.L. Torneiros – Ribeira (Pol. III, 24 A-B). 36410 O Porriño (Pontevedra). Teléfonos 986 332 672 e 747 858 618