Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Entroido

As festas do Entroido contan en Tui con gran tradición. Máis aló das celebracións que se levan a cabo nas distintas parroquias no centro urbano celébrase o Martes de Entroido un desfile concurso de grupos de comparsas no que participan máis de mil persoas. Amais nas rúas por onde se celebran miles de persoas se congregan para ver o traballo, derroche de imaxinación e posta en escena dos participantes.  O domingo seguinte despídese o Entroido co Enterro de Bacallau no que miles de persoas participantse de rigoroso loito, nun evento festivo que conta con gran número de incondicionais.