Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bando Reunión Pexegueiro domingo 6 de marzo de 2022

02/03/2022
Áreas: 
Alcaldía

O río Furnia é a xoia dos ríos galegos, a súa auga pura e cristalina, libre de contaminación, así o certifica. Baña as ribeiras das parroquias de Malvas e Pexegueiro do noso municipio e está ao alcance da man no Baixo Miño.

Por esta razón, este equipo de Goberno está realizando o traballo previo para redactar un proxecto que permita executar unha senda que transcorra pola ribeira do Furnia ao seu paso por Malvas e Pexegueiro, poñendo así en valor esa zona e toda a súa riqueza patrimonial.

Para isto, convocamos a unha reunión á veciñanza de Pexegueiro que sexa propietaria dalgunha parcela lindante coa marxe esquerda do Río Furnia no tramo correspondente ao seu paso por Pexegueiro, co fin de falar sobre o asunto e sobre as afeccións das parcelas.

Data: 6 de marzo 2022

Hora: 11:30 h

Lugar: Centro Cultural de Pexegueiro

Debido á importancia desta reunión para o futuro das parroquias de Malvas e Pexegueiro e en especial para os titulares das parcelas lindeiras coa marxe esquerda do Río Furnia, esperamos contar coa súa presenza.

Na reunión adoptaranse todas as medidas de prevención e contención da Covid-19 (uso de máscara en todo momento).