Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bando entrada en vigor definitiva peonalización conxunto histórico

27/06/2017
Áreas: 
Alcaldía

O 1 de xullo entra en vigor de forma definitiva a peonalización da zona de intramuros do conxunto histórico de Tui. Tal e coma recolle a Ordenanza Reguladora do tráfico no Conxunto Histórico limitarase o acceso de vehículos ao conxunto histórico, salvo residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais,  e as Zonas Verdes serán consideradas de aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE).