Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas Rosendo Salvado 2024

Data: 
28/02/2024
Lugar: 
Tui

Do 28 de febreiro ao 1 de marzo vanse celebrar as Xornadas Rosendo Salvado co obxectivo de continuar a divultación da vida e obra deste tudense universal. O venres, 1 de marzo, cúmprense 210 anos do seu nacemento en Tui.

O programa das Xornadas Rosendo Salvado – 2024 abrangue as seguintes actividades: 

Mércores 28 de febreiro – Sala Félix Rodríguez González – 20.00 h.
Mesa redonda “Rosendo Salvado nos libros” contando coa presenza de:
-    Albino Prada,  profesor da Universidade de Vigo, que dando continuidade a súa intervención do pasado ano presentará a edición dixital e de acceso libre na web da Universidade de Vigo do seu libro “O Pais dos Sen Alma. Rosendo Salvado en Australia” 
-    Héctor Cajaraville, autor da novela “Nova Nursia” (2018) dedicada ao noso persoeiro, que disertará sobre "Frei Rosendo Salvado, unha rúa de Santiago”.

Xoves 29 de febreiro – Sala Félix Rodríguez González – 20.00 h.
Conferencia: "Ciencia, técnica e cultura na obra de  Frei  Rosendo Salvado" por Francisco Díaz-Fierros, do Consello da Cultura Galega, doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola, foi responsable de diversas exposicións e publicacións sobre Rosendo Salvado.

Venres 1 de marzo (CXX aniversario do nacemento de R. Salvado)
Visita guiada. Inicio na Praza de San Fernando ás 17.30 horas,  que inclúe unha visita ao Arquivo da Catedral de Tui, finalizando na casa natal de Rosendo Salvado coa colocación dun ramo de loureiro ás 19.00 h.