Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornada Técnica en Igualdade e Comunicación

Data: 
18/12/2021
Lugar: 
Aula UNED

Este sábado, 18 de decembro, terá lugar na aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, unha Xornada Técnica en Igualdade e Comunicación organizada pola concellería de Igualdade o Concello de Tui dentro da programación elaborada con motivo do 25N e ao abeiro do programa Maruxa Mallo, financiado pola Deputación de Pontevedra.

Programa

10.00 h Benvida da concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez

10.15 h “Estereotipos de xénero, cómplices da desigualdade e da violencia machista” por Chus Ortiz, xornalista especializada en comunicación e xénero. Xefa de servizo e xestora do Observatorio de la Imagen de las Mujeres do Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdade.

11.00 h “Medios de comunicación e igualdade, un binomio imprescindible” por Carolina Pecharromán, editora de Igualdade de TVE, responsable do portal de igualdade “Todxs por igual” e redactora en TVE.

11.45 h Pausa café

12.15 h Debate “Análise actual e medidas de futuro na transmisión de novos modelos igualitarios e contra a violencia de xénero nos medios de comunicación” coa participación de Montserrat Boix, xornalista dos servizos informativos de TVE na sección internacional, membro do Observatorio de la Igualdad da Corporación de RTVE en representación de UXT; Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade e consultora de igualdade; Ana Fuentes, escritora, xornalista e directora de comunicación na Zona Franca de Vigo; e Noelia Otero, xornalista especialista en información internacional e países do sur, e deputada no Parlamento de Galicia.  Modera Jose Font, director da Radio Municipal de Tui.

13.30 h Conclusións

14.00 h Clausura a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro