Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Verán 2021

Data: 
13/07/2021
Lugar: 
Tui

Do 13 de xullo ao 26 de setembro de 2021 desenvólvese en Tui a programación cultural do verán baixo o título de "Saímos con sentidiño". Tres meses nos que a cidade albergará espectáculos de cinema, música, teatro e danza e seis festivais. 

Cinema

  • Lugar: Paseo Fluvial
  • Cadeiras: 300 
  • Reserva de entradas dende a mesma semana do espectáculo en www.tui.gal. Máximo 3 entradas por persoa. RESERVA DE ENTRADAS DENDE ÁS 12 H DO LUNS DA SEMANA DA PROXECCIÓN  
  • Acceso dende 60 minutos antes do inicio da proxección. As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio poderán reasignarse a outra persoa. 
  • Datas:
  • Xullo
    • Martes, 13 de xullo, ás 22.30 h  "Zog y los doctores voladores"
    • Mércores, 14 de xullo, ás 22.30 h "El viaje de Chihiro"
    • Xoves, 15 de xullo, ás 22.30 h "Stand by me"
  • Agosto
  • Martes, 10 de agosto, ás 22.00 h "Los Goonies"

  • Mércores, 11 de agosto, ás 22.00 h " Fiebre del sábado noche"

<

  • Xoves, 12 de agosto, ás 22.00 h "Abominable"

 

Música

Ana Belén Rodríguez Trío actuará o venres, 16 de xullo, ás 22 h na Praza de San Fernando dentro do programa "Música no ar" da Deputación. 

  • Acceso pola praza Norte
  • Cadeiras: 120 

Danza

Nova Galega de Danza presenta o espectáculo "Leira" o venres, 13 de agosto, ás 21 h na Praza de San Fernando. 

  • Acceso pola praza Norte
  • Cadeiras: 120 

Teatro

A ribeira de Caldelas acolle o venres, 27 de agosto, ás 22 h a representación de "A contenda dos labradores de Caldelas ou entremés famoso sobre a pesca". Trátase unha produción da Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego para o Festival de Almagro, coa que se conmemora o 350 aniversario desta peza teatral que foi o primeiro texto dramático escrito en lingua galega. 

  • Cadeiras: 600

 

Festivais

Do 22 ao 24 de xullo celebrarase o Festival Internacional de Artes de Rúa Eurocidade Tui-Valença con 18 funcións, 12 espectáculos e 6 pasarrúas.  + info e reserva de entradas

Música no Claustro, o XV Festival de Música, Patrimonio e Creación desenvolverase na Catedral de Tui do 1 ao 7 de agosto. + info Música no Claustro 

Do 18 ao 22 de agosto terá lugar o IKFEM'21, Festival de Teclados da Eurocidade Tui-Valença.+ info IKFEM

O Festival Arraianos celebrará unha edición especial Xacobeo do venres 27 de agosto ao domingo 5 de setembro

A Eurocidade Tui-Valença acollerá o 9, 10 e 11 de setembro o MUMI, Músicas no Minho, Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal. + info MUMI

Por último do 22 ao 26 de setembro celebrarase Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. + info PlayDoc