Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui, Patrimonio Natural

Data: 
4/05/2024
Lugar: 
Tui

Rutas de natureza polo Concello de Tui

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.

Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño

  • Domingo, 28 de abril, ás 10 h dende a praia da Mariña, no Paseo Fluvial.
  • Conducida por dous guías da Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO Birdlife. Na mesma contarase con prismáticos, dous telescopios terrestres e unha guía de especies para observar as aves.
  • Duración estimada é de 3 horas e media.
  • Ofértanse 25 prazas.
  • As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05. Poderase anotar a persoa solicitante e un máximo de tres acompañantes. No momento de cubrir as 25 prazas ofertadas crearase unha listaxe de agarda.

XX Andaina Solidaria Tudense

  • Sábado 4 de maio saída ás 9 h dende a rúa Olímpicos Tudenses
  • Percorrido de 24 quilómetros até o cumio do Aloia e regreso ao centro de urbano
  • Organizada polo Club Andatui coa colaboración do Concello de Tui. 
  • A inscrición está aberta até o martes 30 de abril  en www.andatui.es cun prezo de 12€.

Río Miño, patrimonio natural (Paseo en barco)

  • Domingo, 5 de maio, consistente nun paseo en barco, en colaboración con Río Miño en Barco.
  • Haberá dúas viaxes ás 11 h e ás 12 h cun prezo de 6€ por persoa.  
  • Vai especialmente dirixido a familias, e ao coincidir co Día da Nai haberá un detalle para as nais.
  • Neste caso a inscrición debe realizarse en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20.

Senda do río Furnia

  • Sábado 11
    • Tramo na parroquia de Malvas, con visita á exposición de esculturas de Rai, á igrexa de Malvas, ao aserradoiro e aos muíños da contorna
  • Domingo 12
    • Tramo na parroquia de Pexegueiro con visita á empresa Trigo y Limpio dedicada á produción de trigo callobre e á elaboración de fariña de trigo natural, xunto á igrexa de Pexegueiro, á ponte do Mosteiro e ao Camiño Real.

Roteiro pola Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Rede Natura

  • Domingo 19 de maio dende Centro Cultural de Ribadelouro
  • Contará cunha  actuación musical.

Roteiro da Pedra Santa e río Lagartón

  • Sábado 25 de maio percorrerase
  • Contará cunha  actuación musical.

Trilho da Fortaleza

  • Forma parte do calendario de andainas da Eurocidade
  • Domingo 26 de maio.
  • A inscrición, cun prezo de 6€, debe realizarse en andatui.es.

Roteiro Literario pola beira do Miño 

  • Sábado 8
  • Inicio: Centro Interfederado – 10,00 h.
  • Guía: Rafael Sánchez Barguiela
  • Colaboración do programa “Mes das Letras” da Biblioteca Municipal

Andaina polo río Furnia

Roteiro polos Muíños do Tripes

  • Domingo 16
  • Inclue actividades de muiñada, musica e gastronomía.
  • Custe: de balde
  • Inscrición: turismo@tui.gal
  • Guia: Cristian Lago 
  • Colabora Asociación Muiñeiros do Tripes

Roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade

  • Domingo 23
  • Inicio: Xardíns de Troncoso 10:00 h.
  • Inclue degustación dos peixiños das monxas no xardín do convento das clarisas.
  • Inscrición: turismo@tui.gal
  • Guía: Suso Vila

Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño

  • Domingo 30
  • Duración: 3 h30 min
  • Inscrición: turismo@tui.gal
  • Guiada por Lorena Franco e Tamara Roig
  • Aportarase material óptico (prismáticos), guías de aves ilustradas.

Inscrición

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05, coa salvidade de que para a ruta en barco a inscrición farase en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20, e para a XX Andaina Solidaria tudense e o Trilho da Fortaleza en andatui.es.