Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro do Atlántico con "Dúas donas que bailan"

Data: 
6/11/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O venres, 6 de novembro, ás 19.30 h Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui a traxicomedia “Dúas donas que bailan”.

Nesta derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet compartimos os soños e os fracasos de dúas mulleres, nunha intensa viaxe, tan divertida coma conmovedora, que con ironía e dureza tentan defenderse dos embates da sociedade.

Unha muller maior, viúva, soña con viaxar a París, pero négase a abandoar o piso pese a presión dos seus fillos e do propietario.  A filla contrata a unha muller para as tarefas domésticas, presenza que non é ben recibida e cada xornada convértese nun “toma e daca” que evoluciona a cada instalante.

  • Autor: Josep Mª Benet i Jornet
  • Tradución: Aleixandre Lago
  • Dramaturxia e Dirección Xúlio Lago
  • Elenco: María Barcala e María Ángeles Iglesias
  • Espazo escénico: Antonio F. Simón
  • Vestiario: Susa Porto
  • Deseño de Iluminación: Xúlio Lago e Antonio F.Simón
  • Fotografía, deseño cartel e grafismo: Tino Viz e Margen

Entradas: 6€ e 5€. Á venda en liña dende o luns, 2 de novembro, até o venres ás 18.30 h e dende esa hora no despacho de billetes. 

Mercar entradas