Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tanxarina de Redondela con "A Galiña Azul"

Data: 
15/03/2019
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O venres, 15 de marzo, ás 20h Tanxarina de Redondela presenta no Teatro Municipal de Tui "A Galiña Azul".

Unha galiña azul, que non é coma as demais, que pon ovos de cores e canta cocorocó permítenos reflexionar sobre a diversidade, nun espectáculo que mestura monicreques e actores.

Autor: Carlos Casares | Director: Cándido Pazó | Escenografía: Pablo Giráldez “O pastor” | Deseño de son e de iluminación: Andrés Giráldez del Río | Música: Francisco Barreiro | Elenco: Eduardo Rodríguez “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez | Xénero: Teatro de monicreques | Clasificada: + 3 anos | Recomendada: Público Familiar | Duración: 50 minutos | Idioma: galego | Prezos: 4€ - 3€

Entradas á venda dende o sábado 9 de marzo en www.culturatui.info ata o venres 15 de marzo ás 12h. O venres, 15 de marzo, dende ás 18.30h no despacho de billetes.