Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro "Sueña como Arela" de Sara Alonso

Data: 
15/01/2024
Lugar: 
Sala Félix Rodríguez

O próximo luns, 15 de xaneiro, ás 19.30 h presentarase na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, o libro “Sueña como Arela” de Sara Alonso, ilustrado por Mariña Bona e editado pola editorial Badidi-Bú. Esta presentación está organizada pola Biblioteca Municipal de Tui.

Sara Alonso, é profesora de Educación Primaria, exercendo neste momento nun centro educativo tudense. A autora explica que  “o protagonista do libro, Arela, ten un soño que desexa facer realidade, por iso, decide iniciar co soplido dun dente de león o voo cara ese gran soño. Con todo, non irá todo tan ben como pensaba porque se realmente desexa cumprilo terá que enfrontarse ás diferentes aventuras que se lle presentan”. Engade que este conto, no que todo ten un significado concreto, “se crea a partir dun soño que parecía imposible de alcanzar porque cada vez eran máis as adversidades que había que superar. Moitas veces, nos nosos soños, trazamos un camiño chairo, sen obstáculos, cunha única dirección, pero realmente isto non sucede así e temos que pensar que todo sucede por unha razón e que os soños se fan realidade se se perseguen con ilusión”. Estas foron as razón que levaron a Sara Alonso a escribir este conto infantil “Sueña como Arela”.