Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Play Doc

Data: 
23/09/2020
Lugar: 
Tui

Do 23 ao 27 de setembro vaise celebrar en Tui o XVI Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui.  Estaba previsto para o pasado mes de abril pero tivo que ser aprazado debido á pandemia da COVID 19. Agora plantexa unha edición adaptada as novas circunstancias. O Teatro Municipal na Área Panorámica será a súa sede principal, pero plantexa tamén unha segunda sede na praza do Pracer. Tamén chegará a outros puntos da cidade onde o público poderá participar de encontros, concertos, talleres e actividades dirixidas especialmente a eles.

A finais de setembro chegará co edición especial e diferente que garanta a seguridade do público, dos invitados e do propio equipo, facéndoo compatible co pleno goce da programación e as actividades que terán lugar este ano.

Este ano, como novidade, o festival tamén se poderá gozar dende casa, pois parte dos seus contidos estarán dispoñibles online, e para todo o territorio español grazas á colaboración con Filmin, a plataforma de cinema en streaming por excelencia en España.

A programación completa e ás entradas están xa accesibles en www.play-doc.com

Consultar programación