Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Charla coloquio “86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras”

Data: 
17/11/2019
Lugar: 
Na Casa Cultural de Caldelas

O domingo, 17 de novembro, ás 12 h a Casa Cultural de Caldelas acolle a charla coloquio “Lindbergh en Caldelas”, cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño.

A charla correrá a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, historiador e técnico do Arquivo, Museo e Biblioteca do Concello de Tui, e de Jose Manuel do Souto Pereira Gomes, piloto,  instrutor de voo, socio fundador do Aeroclube de Cerval e director do aeródromo de Cerval, en Valença.