Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Carreira Popular e Solidaria de San Telmo

Data: 
6/04/2024
Lugar: 
Tui

O sábado, 6 de abril, a partir das 11 h, no Paseo da Corredoira, dentro da programación das Festas de San Telmo, vaise celebrar a Carreira Popular de San Telmo 2024. A proba está organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui. Como en anteriores anos a carreira terá carácter solidario a favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño.

O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 3 de abril, ás 22.00 horas, a través da web do Club Atletismo Tui, www.clubatletismotui.wordpress.com. O día da carreira, na recollida do dorsal, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiro. Non se admitirán inscricións fora do prazo, nin no mesmo día da proba.

A Carreira Popular de San Telmo contará con distintas categorías, dende os pitufos, nados nos anos 2021, 2020 e 2019, ata os veteráns B, nados no ano 1978 ou con anterioridade.