Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Restricións no tráfico pola celebración do Triatlón Tui-O Porriño

23/05/2023

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Triatlón Tui-O Porriño, este sábado 27 de maio, segundo informa Policía Local, non se poderá estacionar na zona adoquinada na Baixada ao Embarcadoiro e no Paseo Fluvial. Só se permitirá aparcar na zona de terra. 

Amais estará prohibido estacionar na Baixada ao Embarcadoiro, no Paseo da Corredoira dende o cruzamento con Augusto González Besada até o cruzamento coa Avenida da Concordia. Igualmente estará prohibido o estacionamento na rúa Calzada até o cruce con San Bartolomeu, en en San Bartolomeu, Arraial e o Camiño Barros até o cruce coa rúa Loureiro.  Amais haberá cortes de tráfico dende ás 16 h cando comeza a competición.