Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Restricións no aparcamento debido á saída da 2ª Etapa da volta ciclista O Gran Camiño

23/02/2023

Debido á saída de Tui da segunda etapa da volta O Gran Camiño mañá venres, 24 de febreiro, haberá as seguintes restricións no aparcamento dende ás 7 h ás 11 h.
• Paseo da Corredoira até o cruzamento coa Avenida da Concordia
• r/ Augusto González Besada
• r/ Lugo
• Praza de Galicia
• r/ Betanzos
• r/ Compostela no tramo comprendido entre a r/ Betanzos e a r/ Mondoñedo
• r/ Ourense dende a rotonda até a r/ Compostela
• Unha zona do aparcamento na traseira do edificio Francisco Sánchez

A volta sairá ás 10.25 h dende a praza da Inmaculada.