Tui celebra durante 17 días a 56ª Festa do Meixón
Tradición e innovación mestúranse na Festa do Meixón que mañá comeza en Tui e que se vai desenvolver en seis restaurantes Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui.
A Festa foi presentada este mediodía no Paseo Fluvial polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, e unha representación dos viveiros, os restauradores e a adega Sergio Álvarez. Este evento gastronómico celebra neste 2024 a súa 56ª edición.