Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Presentación da obra “As que limpan” de A Panadaría

Undefined

O próximo luns, 31 de xaneiro, ás 11 h na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica terá lugar a presentación de “As que limpan” de A Panadaría. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ás autoras, directoras e actrices desta obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Seis espectáculos inician a programación de 2022 no Teatro Municipal

Undefined

O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil  e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85% do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal.

Normativa Teatro Municipal

ENTRADAS

Teatro Municipal de Tui. Edificio Francisco Sánchez.  Rúa Colón, 2. 36700 Tui entradas@culturatui.Info

Venda de Entradas: www.tui.gal

Prezos Das Entradas:

Normal: 1º Prezo sinalado no espectáculo.

Descontos: 2º prezo sinalado no espectáculo. É preciso amosar o documento acreditativo, carné xove, carné de estudante, carné da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

Undefined

Exposición "Diálogos"

A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende o martes, 18 de xaneiro, a semana exposición “Diálogos” que chega a Tui da man da Red de Juderías  e España – Caminos de Sefarad . A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía.

A Biblioteca Municipal de Tui realizou o ano pasado 10.255 préstamos de 3.881 obras a 759 usuarios

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou ao longo do pasado ano 2021 un total de 10.255 préstamos de libros (cunha media de 852 préstamos ao mes) dun total de 3.881 obras e que foron emprestadas por un total de 759 usuarios da Biblioteca tudense.

Esta cifra supón un notable incremento con relación aos datos do pasado ano que por mor dos efectos do confinamento e demais medidas restritivas unicamente acadaron os 4.545 préstamos. 

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas no Teatro Municipal

Undefined

Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui.  Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal.  Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos e pequenas este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.

Un centenar de nenos e nenas participan nos obradoiros de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui

Undefined

Esta tarde e mañá martes continúan os Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal de Tui que contaron con gran acollida completándose todas as prazas dispoñibles.   Así un centenar de nenos e nenas, 25 por actividade, están a participar nestas festas nos catro obradoiros promovidos pola Biblioteca Pública Municipal tudense no seu programa de actividades de animación e dinamización da lectura.

As primeiras citas foron o pasado mércores 29 e xoves 30 de decembro cos obradoiros “Arte con papel - Papiroflexia/Origami” e “Reciclando a Música - Instrumentos con material reciclado.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura