Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O Concello de Tui concede unha Mención Honorífica Especial ao debuxante Martín Rodríguez Álvarez

Undefined

O Concello de Tui, mediante unha Resolución da Alcaldía, acordou concederlle ao debuxante tudense Martín Rodríguez Álvarez unha Mención Honorífica Especial en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística, onde a cidade de Tui ten ocupado un lugar preeminente. 

Florencio Delgado Gurriarán visita este mércores a Biblioteca Municipal de Tui

Undefined

O escritor Florencio Delgado Gurriarán visitará este mércores, 8 de xuño, ás 18.00 h a Biblioteca Pública Municipal de Tui grazas a unha actividade de animación á lectura que corre a cargo do grupo de contacontos “Polo correo do vento”. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Tui.

Mañá venres o Teatro Municipal acolle a presentación do disco “Salvado  - Piano Works” de Andrea González

Undefined

O Teatro Municipal de Tui vivirá mañá venres, 3 de xuño, unha excepcional xornada co concerto – presentación do disco “Salvado – Piano Works” da pianista tudense Andrea González, no que recupera a fascinante música do monxe Rosendo Salvado.

Mañá inaugúrase na Sala Municipal a exposición itinerante “Camiños do Sur”

Undefined

Mañá xoves, 2 de xuño, ás 12.30 h na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui será inaugurada a exposición “Camiños de Sur”. A mostra está impulsada pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular” que ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio natural e cultural das vías transfronterizas que recorren a provincia cara Compostela, en concreto o Camiño Portugués.

Mesa redonda sobre “A música e Rosendo Salvado” mañá xoves

Undefined

“A música e Rosendo Salvado” é o título da mesa redonda que mañá xoves, 2 de xuño, ás 20.30 h terá lugar na Aula da UNED dentro do ciclo dedicado ao bispo tudense que se está a celebrar ao longo desta semana.

Esta actividade estará dedicada á musica e a relación de Rosendo Salvado con esta arte, na que salientou especialmente tanto no aspecto da interpretación como da composición.

Tui celebra o Día Internacional de Tecer en público con actividades durante o mes de xuño

Undefined

A praza da Inmaculada será o escenario, o sábado 11 de xuño, da celebración do Día Internacional de Tecer en Público. Ao longo de todo o mes haberá distintas actividades organizadas por Cucapuntoes e M y R Abalorios, coa colaboración do Concello de Tui e de TejeTui,  contando coa participación das mercerías locais Elia, Fiadeiras e Ideas.

Continúa o ciclo sobre Rosendo Salvado cunha visita guiada pola cidade

Undefined

Mañá mércores, 1 de xuño, continua o desenvolvemento do ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

A actividade desta xornada estará centrada nunha visita guiadas aos principais lugares da nosa cidade vinculados coa figura de Frei Rosendo Salvado, que mantivo sempre acesa a súa relación coa súa terra e as súas xentes.

A conferencia de Albino Prada centra a segunda xornada do ciclo sobre Rosendo Salvado

Undefined

Mañá martes, 31 de maio, continua o ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.

Nesta xornada terá lugar unha conferencia do profesor de economía da Universidade de Vigo, Albino Prada Blanco, titulada "Rosendo Salvado entre os séculos XIX e XXI". Será na Aula Uned de Tui (antigo convento de San Domingos na rúa Antero Rubín).

Rosendo Salvado protagoniza unha semana de actividades en Tui

Undefined

Rosendo Salvado será o protagonista do ciclo de actividades que se van celebrar dende o próximo luns, 30 de maio, e até o sábado, 4 de xuño, en Tui. O programa está formado por conferencias, visita guiada, concerto, e proxección dun documental sobre un dos tudenses máis egrexios ao longo dos tempos.  A presentación deste ciclo tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e a pianista Andrea González. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura