Mañá celébrase no Paseo da Corredoira a Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado
O Paseo da Corredoira de Tui acolle mañá martes, 25 de xullo, de 10 a 21h unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado organizada polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas.
Dende a Glorieta de Vigo até os soportais distribuiranse os 45 postos de anticuarios chegados de distintos puntos de Galicia, Portugal, Asturias, e un de Francia. Ao longo do día non faltará a animación musical e mesmo ás 20h está previsto un concerto de rock clásico.