Alumnado do Obradoiro Percorre Tui realizou hoxe visitas inclusivas para os participantes no Campamento de Un Máis
Alumnado da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do obradoiro de emprego “Percorre Tui” realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación Un Máis. No campamento están a participar 25 nenos e nenas, dos que 13 teñen TEA, xunto a voluntarios e monitores.