Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Historia, patrimonio, natureza, gastronomía,…atractivos para visitar Tui esta Semana Santa

Undefined

“Esta  Semana Santa… Tuiristea” é o lema da campaña de promoción turística posta en marcha polo Concello de Tui nas súas redes sociais con motivo da Semana Santa. Dende onte venres nas redes sociais municipais, Facebook, Twitter e Instagram, e na conta de Instagram da Oficina de Turismo, propóñense distintos plans para visitar Tui nestes días festivos. Dende os plans imprescindibles na visita a cidade, rutas dun ou dous días, ou propostas para visitar Tui con nenos e nenas.

Entregados os primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo entrega onte dos primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías. Sara Quintana, Lucía Campos, Suso Vila e Ramón Fernández, recibiron, nun sinxelo acto, da man do alcalde as catro primeiras acreditacións do programa RASGO que promove a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.

Máis de 1.100 persoas pasaron no mes de marzo pola nova Oficina Municipal de Turismo

Undefined

O pasado mes de marzo, a nova Oficina Municipal de Turismo de Tui, localizada no céntrico Paseo da Corredoira, rexistrou un total de 1.152 consultas sobre información turística da nosa localidade. Destas consultas un total de 1.031 correspondían a visitantes e 121 a peregrinos.

Do total de 1.031 visitantes 960 eran españois, e 71 de orixe internacional. Entres os visitantes nacionais destacan 413 de Galicia, 135 de Madrid, ou 60 de Alava. Entre os estranxeiros rexistráronse  53 visitantes de Francia, 21 de Arxentina, 10 de Portugal, e 5 de Alemaña, entre outros.

Tui participou hoxe na asemblea xeral da Red de Juderías de España

Undefined

Hoxe celebrouse de xeito telemático a 59ª Asemblea Xeral Ordinaria da Red de Juderías. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou na mesma ao igual que os representantes outras cidades que conforman a rede, en concreto Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Córdoba, Estella-Lizarra, Xaén, León, Lucena, Lorca, Monforte de Lemos, Sagunto, Tarazona, Toledo e Tudela.

A música protagoniza o proxecto educativo “Benjamín de Sefarad” en 2022

Undefined

A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España. Unha proposta educativa na que colabora o concello de Tui a través da concellería de Ensino e Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.

Tui presente na BTL de Lisboa coa Eurocidade Tui-Valença e coa Red de Juderías de España

Undefined

Valoración positiva da promoción turística de Tui na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa,  onde está a participar coa Eurocidade Tui-Valença e coma membro da Red de Juderías de España. A BTL é a maior feira de turismo de Portugal, e reúne até este domingo aos profesionais do sector turístico pero tamén ao público en xeral.

A Eurocidade Tui-Valença estase a promocionar dentro do stand xeral de Turismo Porto e Norte de Portugal. Pero amais tamén no stand da Red de Juderías de España.

A mostra “Sabores e aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” exponse en Tui

Undefined

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.

"Río Miño, destino navegable" amplía servizos

Undefined

Debido ao interese evidenciado nos primeiros días da campaña fluvial do Miño, colócase a disposición dos interesados dous paseos diarias de barco. Mantense o horario das 16:00 horas, engadindo outro ás 17:30 horas. A inscrición, gratuíta e limitada a 15 persoas por viaxe, realízase nos quioscos de información situados nos embarcadoiros de Salvaterra de Miño e Tui, ou no sitio web de Hemisférios www.hemisferios.org, o tour operador responsable da organización das viaxes.

A Oficina de Turismo de Tui adhírese á rede Info Rías Baixas

Undefined

A Oficina de Turismo de Tui, situada dende comezos de mes no céntrico Paseo da Corredoira, vén de adherirse á rede Info Rías Baixas. Deste xeito súmase á trintena de oficinas e puntos de información que xa integran esta rede provincial. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, veñen de asinar o respectivo convenio. 

Pages

Subscribe to RSS - Turismo