A música sefardí e a visita aos Sambenitos pechou as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui
As Xornadas Europeas da Cultura Xudea en Tui remataron esta fin de semana con dúas actividades.
O sábado pola noite o público puido disfrutar da música sefardí a cargo de Ana Alcaide e Bill Cooley. O tema das xornadas deste ano foron os relatos, e a música sefardí aporta unha gran carga emocional froito da vivencias e o exilio das familias xudeas. De aí a necesidade de expresar nas xornadas deste ano, tamén coa música, unha parte da cultura hebrea, máxime na voz e mans de Ana Alcaide acompañada por Bill Cooley.