Información sobre axudas en vivenda
Axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (DOG nº 50 do 15 de marzo de 2021) → Resumo Axudas para a compra de vivenda no conxunto histórico
O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.
Axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (DOG nº 50 do 15 de marzo de 2021) → Resumo Axudas para a compra de vivenda no conxunto histórico
A Oficina de Rehabilitación do Concello de Tui informa e asesora na solicitude de axudas relacionadas coa vivenda que se convocan ao longo do ano. Nestes momentos son varias as convocatorias abertas e a demanda de información está a ser moi alta. Nestes momentos debido as restricións derivadas da actual situación de pandemia non é posible atender presencialmente a toda a cidadanía interesada nestas axudas.
O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos.
A Oficina de Rehabilitación do concello de Tui ofrece información e asesoramento sobre as axudas convocadas polo IGVS, Instituto Galego de Vivenda e Solo, para a compra de vivenda en centro históricos, entre eles o de Tui.
As bases e a convocatoria destas axudas publicáronse o pasado 15 de marzo no DOG nº 50.
O Concello de Tui presentou esta mañá novo material turístico conformado por un mapa xeral da cidade e dúas rutas “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca”.
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, a historiadora Sara Quintana, e o ilustrador, Xosé Tomás, foron os responsables desta presentación, á que asistiron tamén representantes dos grupos presentes na corporación municipal.
Mañá mércores, 17 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar a presentación de novas guías de rutas turísticas en Tui dirixidas especialmente á público familiar.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, a historiadora Sara Quintana, e o ilustrador, Xosé Tomás.
A aula da Uned, no antigo convento de San Domingos, en Tui acolle este sábado, 6 de marzo, a xornada de promoción do Camiño Portugués dentro do proxecto “Coñece os Camiños”.
Ao longo da xornada, de 11.30 a 17.30 h, celebraranse distintas conferencias e visitas guiadas centradas nesta vía xacobea. A organización correspondente á Orden del Camiño de Santiago, contando coa colaboración do Concello de Tui.
Até o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra “Jewish Journeys / Viaxes Xudías”. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense as diferentes motivacións ás que se enfronta o ser humano ao facer unha viaxe.
Na maña de hoxe, 28 de xaneiro, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantivo un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para presentarlle o proxecto de intervención no edificio municipal do “Cárcere Vello” coa finalidade de convertelo nun centro de acollida a visitantes e peregrinos e que contribúa á posta en valor da nosa cidade e dos seus recursos patrimoniais e turísticos.
Nas próxima semanas, ben á sesión ordinaria deste mes ou a unha extraordinaria, será levado a pleno o Plan especial de protección do conxunto histórico, PEPCHA, para a súa aprobación definitiva tras recibir hoxe a notificación do informe favorable por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.