Tui agarda a miles de persoas na Concentración Cabalar de San Telmo
Tui vivirá esta fin de semana unha nova edición da Concentración Cabalar de San Telmo que conta cunha tradición secular, e que este ano amplía a súa duración a tres días. O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Tui, Equigalia e Hípica Marcos, deu dende hai uns anos un importante salto en calidade tanto nas condicións do recinto no barrio de San Bartolomeu onde se celebra, coma no programa de actividades previsto.