Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Recepción oficial do Concello de Tui ao Tyde FC polo seu ascenso a Preferente

Undefined

Este venres, 23 de maio, ás 20 h, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao equipo sénior masculino do Tyde F.C. que acadou a semana pasada o ascenso á categoría Preferente Galicia.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, outros membros da corporación municipal, así como o presidente do Tyde F.C., David Domínguez e os xogadores e equipo técnico do equipo sénior masculino.

A Carreira Popular de San Telmo I Memorial Xosé Martínez Tato recadou unha tonelada de alimentos

Undefined

A Carreira Popular e Solidaria de San Telmo, I Memorial Xosé Martínez Tato, recadou este ano 1.074 quilos de alimentos grazas á colaboración de todas as persoas que participaron neste evento deportivo organizado conxuntamente polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui.

As persoas voluntarias de SOS Tomiño – Baixo Miño foron as encargadas, o mesmo día da carreira, de recoller todos os alimentos doados. Pasta, arroz e leite foron os alimentos máis aportados, pero tamén garavanzos, azucre, conservas, fariña, tomate frito, cacao soluble, galletas ou aceite

Publicado o listado de requirimentos do Campamento de Verán Igual É +

Undefined

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o Campamento de Verán Igual É + 2025, e revisadas as mesmas, procédese á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas, sinalándose un prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo considerarase que desistiu da súa solicitude.

Tui acolle o Campionato de España de embarcacións T850, GT60

Undefined

Cita destacada no mundo da motonáutica esta fin de semana en Tui coa celebración do Campionato de España de embarcacións T850 e GT60, e por vez primeira GT15.

Unha ducia de pilotos participarán neste evento que comezará este venres, 16 de maio, a partir das 17 h coas verificacións técnicas. O sábado ás 11.30 h terá lugar a clasificación. A primeira manga disputarase ás 14.00 h, a segunda ás 16.00 h, a terceira ás 18.00 h e a cuarta ás 20.00 h. A entrega de premios celebrarase ás 21.00. Será en augas do río Miño nas inmediacións do Club Náutico San Telmo.

Presentación do Campionato de España de embarcacións T850, GT60 e GT15

Undefined

O próximo luns, 12 de maio, ás 12.00 horas, no aparcadoiro do Club Náutico San Telmo de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de embarcacións T850, GT60 e GT15. Este evento, que se celebrará o sábado 17 de maio, está organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño.

Tui acolle a Final a 4 de 2º Autonómica feminina e masculina de Balonmán.

Undefined

 O pavillón municipal Gustavo Rodríguez de Tui acolle este sábado 10 e domingo 11 a Final a 4 de 2ª Autonómica Feminina e Masculina de Balonmán. Tui repite por segundo ano consecutivo coma sede dunha Final a 4, xa que ano pasado acolleu a da categoría cadete. Nesta ocasión será o equipo senior do Balonmán Tui quen buscará o ascenso.

Presentación da Final a 4 de 2ª Autonómica Masculina e Feminina de Balonmán

Undefined

Mañá martes, 6 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Final a 4 de 2ª Autonómica Masculina e Feminina de balonmán, que se disputará esta fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11 de maio, no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Está organizada pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.

Comezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales

Undefined

A Eurocidade Valença-Tui comeza o seu programa de andainas saudables de 2025 cun percorrido entre viñas e vales

A primeira cita deste ciclo será o próximo domingo, 11 de maio, co Trilho Entre Viñas e Vales.  Sairá ás 10 h ES da igrexa de Ganfei en Valença para realizar un percorrido de 7 quilómetros.

Este ciclo de andainas, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade, consolídase como unha proposta transfronteiriza que combina actividade física, posta en valor do patrimonio natural e histórico tanto de Tui coma de Valença.

O Concello de Tui remata as obras de mellora nas pistas de tenis de Areas

Undefined

O Concello de Tui vén de rematar as obras de remodelación nas pistas de tenis municipais situadas en Areas, unha actuación que permite mellorar de xeito significativo estas instalacións deportivas de uso habitual por parte da cidadanía e do Club Tenis Tui.

As actuacións realizadas incluíron a renovación integral do valado perimetral, a recolocación do valado separador entre pistas, a substitución dos antigos focos por iluminación LED de maior eficiencia e menor consumo, así como o pintado dos vestiarios e do almacén, mellorando a imaxe e funcionalidade deste espazo deportivo.

A Eurocidade Tui-Valença impulsa unha peregrinación polo Camiño Portugués da Costa desde Caminha a Santiago de Compostela

Undefined

Gran acollida á peregrinación especial impulsada pola Eurocidade Tui-Valença no marco das Xornadas Europeas do Camiño de Santiago, e que nos meses de maio e xuño percorrerá o trazado oficial portugués do Camiño Portugués da Costa, dende a cidade de Caminha ata Santiago de Compostela.

A poucos días de que comece esta actividade apenas quedas unhas prazas vacantes para as etapas do 24 e 25 de maio, e do 7 e 8 de xuño, e unha para realizar as oito de que consta  o Camiño Completo.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes