Presentación do IV Festival da Cultural Arraiana, Arraianos
Mañá venres, 23 de agosto, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Festival da Cultura Arraiana, Arraianos que se vai celebrar en Tui do 30 de agosto ao 1 de setembro.
Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, a directora de Arraianos, Andrea Costa, e o responsable da parte didáctica e histórica do festival, Víctor Pérez Bugarín.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.