Catorce bandas de Galiza e Portugal presentarán os seus traballos no mercado musical do MUMI en setembro
Despois dun duro proceso de selección motivado polo éxito de convocatoria que se pechou cun total de 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases, o MUMI anuncia as bandas e artistas que van configurar o programa profesional da feira entre o 21 e o 24 de setembro. Oito nomes de Galiza e seis de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.